Nove.

nove

Volta dos nove

Este sábado o Instituto de Estudos Miñoranos presentou no Aditorio V Centenario de Baiona un Libro-CD-DVD sobre a "Volta dos Nove":

"ARTE E MEMORIA. ARTE É MEMORIA.
Quince de outubro, 1936, na saída de Baiona cara a Baredo, na altura da Bombardeira, nove veciños do Val Miñor son asasinados nunha máis das cruentas matanzas que naqueles meses asolaron o noso país nunha guerra de exterminio planificada.

A memoria das súas mortes escribiu unha das máis fermosas páxinas de resistencia. Durante décadas mans anónimas e populares riscaron sobre as areas da beira da estrada nove cruces, realizadas cun trazo de urxencia. O lugar sería dende aquela coñecido como A VOLTA DOS NOVE" (www.minhor.org)

Estivo presente a Delegada de Cultura e os Alcaldes de Gondomar e Nigrán que xunto con Carlos Meixome (Presidente do IEM) e Xose Lois Vilar (Vicepresidente do IEM) foron os encargado de entregarlle un examplar ós familiares dos 9 asesinados.

A nosa compañeira Ana María Rodriguez, membro da comisión volta dos nove, foi a encargada de conducir o acto no cal poidemos escoitar os poemas de Marta Dacosta e Anxo Angueira, así como ver un resumo do Documental.

Sen dúbida un acto fermoso e emotivo onde se recordaron ós nove: Aballe, Antonio, O Gonda, O Lijó, O Rei Chiquito, O Pelonio, Tío Félix, Manolo Barbosa e Generoso.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

1 Comentario »

  1. Video - A volta dos 9 - Presentación en Baiona — Planeta Santiago dixo:

    11 xuño 2008 ás 20:53

    [...] A volta dos 9 é u libro-disco DVD no que se achega o público un feito tráxico. O Fusilamento de 9 republicanos en Baiona, Pontevedra o 15 de outubro de 1956. Ésta é unha obra colectiva, na que Antón Seoane compón a música, Adrian Marx comparte fotografía, Fran Alonso e Anxo Angueira a poesía e Fernando Casas as esculturas entre outros,. [...]

Semente RSS dos comentarios desta anotación · URI do rastro (trackback)

Deixa un comentario