Denuncia do BNG de Baiona a Ronáutica

ronautica

O pasado Luns, 10 de Marzo, militantes do BNG de Baiona puideron observar como un operario de Ronautica guiado, supostamente por algún superior como podemos comprobar na 1º Fotografía que adxuntamos, se adicaron a votar algún tipo de sustancia química na rampa de acceso o Porto Deportiva, para a eliminación das algas e o verdín que de xeito natural van aderíndose o formigón, como se pode observar aparece dunha cor máis clara o efecto que este producto.

O BNG de Baiona quere deste xeito denunciar unhas prácticas, que supostamente están atacando o medio ambiente e o ecosistema mariño, por parte de Ronautica no porto Deportivo de Baiona.

O BNG de Baiona quere facer pública esta denuncia que tamén a presenta ante a Capitanía Marítima, Portos de Galicia e o Concello de Baiona.

ronautica2

 

Chuzame! chúzame -

4 Comentarios »

  1. Anxo Says:

    28 marzo 2008 at 15:17

    Funcións vitais dun nacionalista
    Marzo 26th, 2008 Eis as funcións dun nacionalista:

    -agrandarlles o sentimento nacional a aqueles que o descubriron;

    -aos que non o atoparon, facérllelo ver;

    -e demostrarlle a “utilidade” da nación galega a aqueloutros que, lonxe do idealismo romántico, se acubillan no mundo dos cartos.Son estes, e non outros, os acometidos que deberan ter.

  2. Pinto Says:

    4 abril 2008 at 12:46

    En que quedamos? é unha denuncia pública ou é unha denuncia de verdade. E que as denuncias públicas quedan ben de cara aos veciños pero non son efectivas se verdadeiramente queremos denunciar un feito delitivo.

    Por en coñecemento da adminsitración local ou un ente como é Portos de Galicia un feito delitivo é perder o tempo. Todos sabemos que pasan cos expedientes adminsitrativos. O que tedes é que por a denuncia no Seprona ou no xulgado.

  3. Pinto Says:

    4 abril 2008 at 12:53

    Insisto, o que tiñades que facer era chamar ao Seprona para recoller unha mostra dese producto químico e actuar en consecuencia. Agora todo son suposicións.

  4. Baiona Consciente » Animando o Verán Says:

    29 xullo 2008 at 18:19

    [...] Outra das polémicas é que alugan bicicletas e canoas. ¡¡Menudo perigo público que son éstesde Punto Pasión!! Moito peor iso que regar o noso mar con restos de gasóleo ou raspado de patentes de barco, como fixo toda a vida o Monterreal Clube de Iates de Baiona ou o Porto Deportivo de Ronáutica, que mesmo limpaba as súas rampas con miragrosos líquidos, denunciado no seu día polo BNG. [...]

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Deixa un comentario