O BNG PRESENTA ALEGACIÓNS AO NOVO POLIGONO DE FONDEO

- O polígono en cuestión é de 36.362,73m2, tal como se presenta no proxecto ,a incidencia do vento nas embarcacións con marea baixa casi duplica esa superficie ao estar o cálculo erróneo debido ao radio do círculo de borneo.
- No referente a memoria técnica,nos criterios básicos do proxecto dí que un dos puntos fundamentais desta oferta é que sería apoiada pola villa de Baiona.
- No BNG preguntámonos si en algún intre, foron quen de facer algún referendun ao respecto, ou tan siquera algunha enquisa, e si foi así, quixeramos ser coñecedores do resultado.Tamen di neste apartado que medioambientalmente o impacto seria nulo ao manter o sistema que sempre se viu empreñando. Sen dúbida este non deixa de ser un plantexamento tan interesado como erróneo xa que, todos sabemos que calquera elemento por pequeno que sexa que se instale no fondo do mar altera sustancialmente o seu entorno, incluso, dependendo do seu volumen podera alterar as corrientes, de tal xeito que, si ata o de agora os mortos instalados ao longo dos anos puderon incidir no medio , podémonos imaginar como actuará si se meten de golpe 52 mortos de 2x2x0,5.
- No proxecto o MRCYB fai gala dos 15 anos ininterrumpidos que este clube ten recibido a bandeira azul, que lle recoñece a sua labor no cuidado do medioambente, e nós o BNG queremos recordarlle que ano tras ano esa entidade ten feito verquidos de gasoil e outras subtancias(patentes e restos de pinturas e disolventes) ao mar directamente, e que incluso fomos nós os que o ano pasado presentamos ante Capitanía Marítima unha denuncia a que se nos contestou por parte do seu máximo responsable da apertura do correspondente expedente; o cal quere decir que nin a bandeira azul nos ofrece garantías medioambientais nin moito menos a sua bontade, que por experiencia xa sabemos ata donde pode chegar.O que indica que debera de buscarse unha solución que ofreza garantías aceptables.
- Na memoria descriptiva dos servizos ofertados,non contan con mais prazas de aparcamento que as do aparcamento da Palma, cando todos sabemos que a día de hoxe atópase pechado e con un futuro incerto, a non ser que teñan previsto facerse eles mesmos coa concesión; en todo caso a día de hoxe non resolven o problema.
- A lamina de auga reflexada, invade a zoa de protección da praia Barbeira según establece o plan de usos aprobado recentemente.
- Como conclusión final o BNG solicita se teñan en conta as alegacións presentadas e se desestime este proxecto por non ser de interese publico, non resolver os problemas de amarre indiscriminado e afectar gravemente o medio natural e a zona de marisqueo e de faena dos mariñeiros que levan traballando na zona toda a sua vida.
Baiona 29 de novembro 2007
XOSE ENRIQUE FDEZ FDEZ
chuzame -