Resumo do Pleno de Setembro

ponte provisional sabaris

No Pleno do mes de setembro o Goberno Municipal levou a aprobación a modificación das tarifas do aparcadoiro do Aral. Na primeira hora pásase de 0,90 € a 1,20 €, tarifa que xa se estaba a cobrar irregularmente o pasado verán. O BNG solicitou que se restituíran as prazas eliminadas en superficie. Éstas foron as respostas do PP: “Se a xente que ven a Baiona non ten a capacidade económica para coller o coche e metelo no parking, que non veña”, “calquera veciño de Baiona, cando merca un vehículo, o primeiro que ten que ter é un lugar onde aparcalo, senón que non o compre” ou “a xente que ven de Baiña ou de calquera outro lugar da nosa vila, que veña andando”. O BNG non cre que por ter coche teñamos que pagar polo seu estacionamento.

Pero a cousa non queda aí. No pleno tamén se falou dos talleres de memoria para os nosos maiores e segundo o Goberno Municipal en Sabarís non se van desenvolver ata que “a Comunidade de Montes se digne a facer un Centro Cultural”.

Non contentos con iso, o PP pídenos que intercedamos ante a Xunta para obter máis recursos “por favor, falen cos seus na Xunta”. Ante a súa incapacidade, o Goberno Municipal ten que recorrer a nós para facer o seu traballo.

Finalmente, o BNG presentou unha moción de urxencia para solicitar o mantemento do vial provisional baixo a ponte da autoestrada en Sabarís, instalando unha ponte definitiva en lugar dos tubos provisionais. O Goberno desestimouna. Unha vez máis evidenciouse un desprezo polos veciños por parte do grupo municipal. Onde o BNG pide prazas de aparcamento libres, ofrécense prazas de pago, onde solicita programas sociais, pídeselle aos veciños que fagan Centros Culturais e onde pide actuacións urxentes simplemente escapan do debate.

Grazas á iniciativa do BNG, as actas dos Plenos están disponíbeis na web do Concello, deixamos o enlace deste Pleno de Setembro.

Chuzame! chúzame -

2 Comments »

  1. Pinto dixo,

    novembro 26, 2007 @ 19:35

    oes? iso non será o río groba non¿?

  2. Marcote dixo,

    novembro 28, 2007 @ 15:18

    Pois si. É a ponte provisional que se instalou baixo a autoestrada para subir a Belesar namentres se executaban as obras do bypass en Sabarís. Pedimos que se fixera unha ponte definitiva e retiraran os tubos, pero o Goberno Municipal decidiu que non era urxente nin importante. Se por eses tres tubos vai a pasar todo o caudal do río cando chova entón para que fan un bypass no mercado? Son as incongluencias deste Goberno que temos.

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Deixanos o teu comentario