Fálase de Baredo no Congreso dos Deputados

o BNG en Silleiro

O BNG, a través da parlamentaria Olaia Fernández, preguntou o pasado 14 de setembro no Congreso dos Deputados en Madrid por dúas circunstancias que preocupaban aos veciños e veciñas de Baredo: Un bidón varado nas rochas e a Batería de Silleiro.

Bidón varado

Durante o mes de agosto apareceu varado na costa de Baredo, entre O Porto e A Xangada, un bidón oxidado de grandes dimensións. Moitas foron as voces que reclamaron a súa retirada, entre elas, o grupo municipal do BNG. Non só o impacto visual e o perigo medioambiental eran factores a considerar, senón tamén o previsible perigo de que un golpe de mar o devolvera ao mar e supuxese un risco para as embarcacións que navegan pola nosa costa.

Grazas a iniciativa dalgún inxenioso veciño, o tema saiu na prensa ao aparecer no bidón

unha pintada anunciando un posible contido radiactivo. Ninguén fixo caso ata que Olaia Fernández realizou a pregunta no Parlamento. Acción e reacción: non máis tarde dunha semana o bidón por fin desapareceu.

Batería de Silleiro

Os herdeiros dos titulares dos máis de 70.000 m2 de terra expropiados para a construción da Batería xa levan moitos anos demandado que se lles restitúan os seus dereitos. A Deputada do BNG en Madrid visitou as instalacións da antiga Batería en Baredo xunto

con varios membros do noso partido e o presidente dos propietarios dos terreos afectados.

Grazas ao BNG, preguntouse no Congreso dos Deputados pola situación actual dos terreos de Silleiro, a posibilidade de indemnización aos herdeiros e herdeiras e o futuro uso que se lle poida dar ás instalacións da Batería. A reacción do PP non se fixo agardar e

dende o Concello se explicou na prensa que se estaba a colaborar cun grupo de espeleólogos para revitalizar e reutilizar as instalacións abandonadas. Sen embargo, dende o Concello non se fala do tema das indemnizacións aos familiares dos propietarios

que se quedaron sen tomadas durante o réxime franquista. Ante unha mostra máis da desmemoria histórica do PP, o BNG, dende a oposición, segue traballando para que as preocupacións dos veciños e veciñas de Baredo non caian no esquecemento.

Chuzame! chuzame -

Deixanos o teu comentario