71 aniversario da Volta dos Nove

Imaxes do 70 aniversario.

O IEM e a comisión Volta dos Nove, organizan unha ofrenda floral este fin de semán con motivo do 71 cabo deano do asasinato de nove veciños do Val Miñor o 15 de outubro de 1936. realizaranse dúas ofrendas florais na memoria dos nove de Baredo e de todas as víctimas da sublevación militar fascista. A primeira das ofrendas terá lugar os sábado 13 de outubro ás 19:30h, ao pé do monumento que se ergueu na súa memoria en Baredo. Un acto breve no que participaran familiares e autoridades municipais do Val Miñor.A segunda das ofrendas terá lugar o domingo 14 de outubro, ás 13h (unha do mediodía) na punta do peirao de Panxón. Está prevista a participarán dos familiares e autoridades municipais de Nigrán.

A volta dos nove foi un dos feitos máis tráxicos da terrible represión que se iniciou co golpe de estado do 18 de xullo de 1936. Na amañecida daquel día 15 de outubro de hai sete décadas foron vilmente asasinados:

Felicisimo Antonio Pérez Pérez, mariñeiro de Panxón, 44 anos. Fillo de Antonio Pérez Domínguez e de Rosa Pérez. Casado, sen fillos.
Elías Alejandro Gonda Alonso "O Ghonda", labrador, de 36 anos, veciño de Santa Cristina da Ramallosa. Fillo de Ascensión Gonda Alonso. Casado cunha moza de Sabarís, Angelina Veiga Ríos, deixou tres fillos menores: Isabel, Carmen e Manuel.
Manuel Francisco Lijó Pérez "O Lijó" de 34 anos, natural de Corrubedo (Ribeira) aínda que vivía e traballaba como mariñeiro no barrio do Burgo (Baíña). Fillo de Francisco Lijó Oliveira e de Ramona Pérez Gonda, estaba casado con Eugenia Mijón Durán, veciña de Baiona. Deixaría orfos a cinco fillos menores de idade: Mercedes, Manuela, Maximino, Oto e máis Eva.
Modesto Fernández Rodríguez "O Rei Chiquito", 47 anos, mariñeiro, veciño de Panxón, fillo de José Fernández e Dolores Rodríguez. Traballaba como mariñeiro. Do seu matrimonio con Rosalía Rodríguez Iglesias deixaría seis fillos menores: Gloria, Lidia, Juan, Enriqueta, Jaime e Álvaro.
Fidel Leyenda Rodríguez, de 51 anos, mariñeiro de Baiona. Fillo de Eulogio Leyenda Álvarez e de Vicenta Rodríguez Míguez. Casado con Sofía Vieites Penedo, de Baíña, non deixaba fillos.
José Rodríguez González, "O Pelonio". Fillo de Rufina Rodríguez González. Veciño da Porta da Vila en Baiona. Tiña 45 anos Este mariñeiro deixaría viúva a Clementina Freire Mosquera, de 43 anos, e orfos a Rogelio, Manuel, José, Melitón e África.
Manuel Barbosa Durán, "O Ferreiro do Burgo". O máis novo dos asasinados na "Curva dos Nove", tan só contaba con 30 anos de idade. Mecánico, natural de Baíña, foi vivir a Panxón tras o seu matrimonio con Julia Sanjuan García. Deixaría seis fillos orfos. Os seus pais Alfredo Barbosa e Isabel Durán Álvarez.
Generoso Valverde Iglesias, fillo de Fermín e Constantina. Tamén traballaba como mariñeiro e contaba, cando segaron a súa vida, 37 anos de idade. Natural e veciño de Panxón, casado con Aurelia Rodríguez Cabral, deixou seis fillos, todos eles menores: Generoso, José, Germán, Vicente, Elodia e Constante.

Chuzame! chuzame -

Deixanos o teu comentario