Sabarís segue igual

O BNG quere denunciar ante a opinión pública a falla de seriedade das Consellerías de Medioambiente e Política Territorial da Xunta de Galiza, así como a actitude pasiva e de desinteres por parte do Sr. Alcalde Jesús Vazquez Almuiña, no referente as obras pendentes por realizar en Sabaris para resolver as enchentas.
Por parte da Consellería de Política Territorial, quedan traballos por resolver, como a permeabilidade da estrada polo litoral a altura do Camiño das Monxas que resulta ser o punto mais crítico das inundacións e a que provoca máis repercusións nas vivendas dos veciños.
Por outra banda, a Consellería de Medioambiente, non da continuidade o desdobramento soterrado do río Groba a altura do Mercado, así como tampouco sabemos si xa existe acordo algún co propietario afectado, xa que o Alcalde, agora que xa pasaron as eleccións, deixou de convocar semanalmente a comisión de seguimento.O interes do Alcalde acabou pasadas as mesmas.
A cuestión e que dentro duns días, fará un ano que Sabaris anegouse, e que despois de tantas promesas, as obras urxentes que ían levarse a cabo, están sen rematar. Por culpa duns e doutros, os veciños de Sabarís pasarán outro inverno pendentes de si chove moito ou si chove pouco.
Namentres tanto, os responsabeis desta situación seguiran pensando en rendabilizar en votos a situación para seguir aferrándose ao poder.
chuzame -
Baiona Consciente » Triste aniversario dixo,
outubro 10, 2007 @ 14:11
[...] As axudas parecen que están chegando, pero non na medida que se agardaba. O BNG dí que é a primeira vez que se cobra por unha riada, non lle faltará razón, pero non defenden máis que a actuación das súas Consellerías. Emiten un comunicado de prensa metendo caña ao PSOE e o PP, pero omiten as carencias das súas Consellerías, tamén minten decindo que logo das Municipais non houbo máis comisións de seguimento. [...]