Moción de urxencia do BNG, motivada polo anuncio da Consellería de Política Territorial da reforma dos enlaces da AG-57

Exposición de Motivos.

O Pasado Mércores, 19 de Setembro, a Conselleira de Política Territorial, María José Caride e a Delegada desta consellería na provincia de Pontevedra Isabel Domínguez anunciaron a próxima reforma dos enlace da AG-57 en Sabarís, a Ramallosa e Nigrán (Praia América), tramos que na actualidade só permiten a comunicación con Vigo.

O BNG dende o avance para a construción da actual autoestrada AG-57, sempre afirmou que o trazado proxectado non solucionaría o problema do tráfico non só en Baiona senón tamén no Val Miñor, e sempre sinalou a necesidade da creación de viais que fixeran as veces de circunvalación entre os tres Concellos do Val Miñor.

Agora ben, o que sí nunca contemplamos nas nosas propostas, era que eses enlaces foran previo pago de peaxe. Cuestión que nos parece un completo erro, xa que lonxe de solucionar os problemas de tráfico existentes entre a comunicación dos tres Concellos o que fará é que se mal gasten 20 millóns de Euros, nunha infraestrutura que resultará totalmente inútil.

É máis, o BNG entende que o actual cobro de 1,35 € por traxecto entre Baiona e Vigo non está para nada xustificado, xa que as actuais vías de comunicación que existen entre o noso Concello e Vigo están na actualidade completamente saturadas, e a utilización da actual AG-57 sería un grande aliviadeiro de vehículos se non se cobrase esta peaxe. Moitos veciños e veciñas do noso Concello non se poden permitir pagar esta peaxe todos os días para poder acudir os seus postos de traballo. Queremos sinalar que un veciño/veciña que teña que utilizar os cinco días da semana esta autoestrada para ir e vir do seu traballo estalle supoñendo un custo mensual mínimo de 255 € entre peaxe e combustible, é decir, practicamente un 50% do salario mínimo interprofesional.

Ademais, sen ir máis lonxe, temos como exemplo o tramo de autoestrada de recente creación entre o Alto de Puxeiros e Tui, resultou ser unha infraestructura que está totalmente infrautilizada e que para nada solucionou os problemas de tráfico no Concello de Mos.

En Baiona non podemos permitir que se volvan a cometer erros que xa se cometeron outras veces, nin noutros lugares. A consellería de Política Territorial vai gastar 20 millóns de euros unha infraestrutura que non vai solucionar os problemas de comunicación nos Concellos do Val Miñor.

É por isto polo que o BNG presenta esta moción, para a resolución dos seguintes acordos, con caracter de urxencia.

1º - Que o Concello de Baiona se dirixa a Consellería de Política Territorial para solicitarlle que os enlaces entre os concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán sexan libres de Peaxe.

2º - Que o Concello de Baiona se dirixa a Consellería de Política Territorial e o Ministerio de Fomento para que se suprima o actual peaxe da autoestrada AG-57 entre o Concello de Baiona e a Cidade de Vigo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

1 Comentario »

  1. Baiona Consciente » Incoherencias varias dixo:

    5 outubro 2007 ás 13:55

    [...] O BNG de Baiona presentou unha moción de urxencia, na que solicitaba a supresión do peaxe na intercomunicación a través da autoestrada do Val Miñor, tra-lo recente anuncio da Conselleira de Política Territorial. [...]

Semente RSS dos comentarios desta anotación · URI do rastro (trackback)

Deixa un comentario