O BNG preguntará no Congreso pola situación de Silleiro

cabo silleiro

O pasado Sábado membros do Consello Local do BNG de Baiona, acompañados da parlamentaria Olaia Fernández, visitaron as instalacións de Cabo Silleiro xunto con membros da plataforma de afectados pola ocupación militar dos seus terrenos. A parlamentaria nacionalista preguntará no Congreso dos Diputados pola situación das instalacións e a posible recuperación para uso público, sempre compensando aos propietarios orixinais.

Xa no 2004 o goberno PSOE-BNG tentou recuperar as instalacións abandoadas, pero o Partido Popular vetou a iniciativa, antepondo os intereses partidistas aos colectivos do pobo de Baiona. A operación non chegaba aos 215.000 €, hoxe xa non é posible e temos que estar á espera da decisión do Ministerio de Defensa.

Olaia Fernández tamén preguntará polas iniciativas levadas a cabo por Costas sobre o bidón que aínda sigue nas costas de Baredo.

Preguntas Parlamento: Silleiro e Bidón en Baredo

Chuzame! chuzame -

Deixanos o teu comentario