Xuntanza informativa en Baredo

O BNG de Baiona vai acudir a unha xuntanza con colectivos no Centro Cultural de Baredo, hoxe ás nove da noite. Alí se tratará de informar e recabar información sobre o Parque Eólico Albariño I.
A posible constitución dunha plataforma en defensa da conservación da Serra da Groba será un dos temas a tratar. A día de hoxe existe unha web onde se pode informar dos acontecimentos que rodean ao Parque Eólico: www.sosgroba.com
chuzame -