Alegacións ao Parque Eólico Albariño I

O BNG de Baiona presentou alegacións ao Parque Eólico Albariño I. Velaquí o texto das mesmas:
De: Bloque Nacionalista Galego - Baiona
Para: Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galiza
Asunto: Alegacións á construcción do Parque Eólico Albariño I
Roberto Valverde Sabín, maior de idade, có DNI nº ____________, responsable local do Bloque Nacionalista Galego en Baiona, con domicilio a efectos de notificación na rúa Santa Liberata, 6 – Baixo, Baiona.
ALEGA:
Primeiro.- Afección ao patrimonio arqueolóxico: A área afectada pola instalación do Parque Eólico Albariño I é unha zona inzada de arte rupestre, catalogada e sen catalogar. Moita desta arte rupestre non figura no informe arqueolóxico solicitado como requisito de aprobación do Parque Eólico. Relatorio de casos: Alto da Secreta, petroglifos do Castelo, Fonte Salgueira, Pedra do Acordo.
O maior labirinto gravado de Europa sufre un impacto severo, debido á construcción dos aeroxeneradores 15 e 16 na súa área de afección.
Segundo.- Afección ao patrimonio etnográfico: Póñense en perigo os curros que se celebran cada verán en San Cobrán, Mougás, Torroña e A Valga, festas ancestrais de enorme valor etnográfico, cultural e turístico. A extensión de terreos que ocuparía o Parque, dous millóns de metros cadrados para 21 aeroxeradores, levaría aparellados graves danos á cabana de cabalo de pura raza galega, arredor de 2.500 exemplares, tanto pola presencia dos aeroxeradores como pola disminución sensible dos pastos.
Terceiro.- Nacemento de tres vertentes de augas: río da groba, río Tamuxe e ríos de Mougás (pozas) e Viladesuso.
Cuarto.- A zona afectada por este Parque Eólico é dunha gran riqueza arqueolóxica que se vería gravemente afectada polas actuacións proxectadas. Ademais da protección legal da que son obxecto estes xacementos, son varios os colectivos e asociacións que traballan na divulgación e posta en valor deste importante patrimonio, traballo que se vería truncado coa perpetración deste proxecto:
- A Mámoa do Arreiro 1 e a Mámoa do Arreiro 3 sufrirían un impacto severo coa realización desta obra.
- A Mámoa do Arreiro 2 sufriría un impacto moderado coa realización da obra proxectada.
- Os seguintes petroglifos sufrirían un impacto severo coa realización do proxecto:
Petroglifo do Alto do Lousado 1, Petroglifo do Alto do Lousado 2, Petroglifo do Alto do Lousado 3, Petroglifo do Alto do Corrubelo 1, Petroglifo do Alto do Corrubelo 2, Petroglifo do Alto do Corrubelo 3, Petroglifo do Alto do Corrubelo 6, Petroglifo do Alto do Corrubelo 7, Petroglifo do Alto do Corrubelo 10, Petroglifo do Alto do Corrubelo 15, Petroglifo da Portela 2 e Petroglifo de Xiguente 1.
Quinto.- No proxecto non se consideran os topónimos susceptibles de acubillar xacementos: as leiriñas dos campos de trigo, o casteliño, a cruz da calzada, as malladiñas, o peito do meixón verde, os cortelliños, o cortello do porco.
Sexto.- Non se considera unha trampa para lobos antiga emprazada no Foxo Pedriño e se produce unha afectación directa do Castelo de TORROÑA, con forte carga histórica e lendaria.
Sétimo.- Na zona afectada se atopan puntos de mineria histórica e prehistórica, antigua extracción de ouro e wolfram.
Octavo.- A zona de afección do Parque Eólico Albariño I coincide cáseque con exactitude coa zona afectada polos incendios do 2006. Se ben non hai probas materiais de delitos, cómpre ter en conta a idoneidade ética desta actuación. Adxúntase plano da zona afectada polo lume, proporcionada pola Consellería de Medio Rural, superpondo 16 aeroxeneradores dos proxectados.
POLO QUE SOLICITA:
Se teñan en conta as presentes ALEGACIÓNS, á hora de estimar ou non a aprobación do proxecto de construcción do citado Parque Eólico.
chúzame -
Baiona Consciente » Rectificar é de sabios Says:
8 setembro 2007 at 13:38
[...] O pasado día 29 de Agosto escribiamos unha anotación titulada “Ausencia Verde“, onde destacabamos o pouco ruido que fixeran as organizacións ecoloxistas co proxecto de Parque Eólico na Groba. Hoxe temos que rectificar e sinalar que varios das mesmas realizaron alegacións. Verdegaia e Salvemos Monteferro rexistraron cadansúas alegacións. Ademáis, o BNG de Baiona tamén presentou as súas.Temos coñecemento de que o Colectivo Ecoloxista A Groba e o IEM estaban a preparar as súas, pero descoñecemos se algún outro colectivo ou persoa particular do Val Miñor realizou máis alegacións, as sinaladas o son porque tiveron eco nos medios, propios ou alleos. [...]
Pietro Says:
10 setembro 2007 at 13:32
Queremos toda esa documentación en PDF a dispor da opinión pública. Onde está esa información na web do concello de Baiona? A caso non é de interese público para os veciños e veciñas de Baiona?
Baiona Consciente » ¿Consciencia ao fin? Says:
15 setembro 2007 at 11:59
[...] O máis destacable da rolda de prensa que se celebrou onte foi que se relacionou directamente a instalación do parque eólico cos lumes do 2006. Non se falaron de indicios delictivos nin se acusou directamente, pero sí que se incidiu na “casualidade” dos feitos. Este aspecto xa o relacionou o BNG de Baiona nas súas alegacións, mesmo aportando un plano onde se suporpoñen os muiños instalados na zona queimada. Casualmente 14 muiños aparecen na zona queimada e 2 se quedan fóra por pouco. [...]
Baiona Consciente » Hai cartos que non os leva o vento Says:
7 novembro 2007 at 18:53
[...] - Os incendios do 2006 resultaron unha enorme traxedia para os nosos montes. Un ano despois resulta que a solución se presenta como por arte de maxia. O BNG deseñou un plano onde se plasmaba a área queimada e a colocación dos muiños. Casualidade? [...]