Reordenar non é privatizar

Posted: under Sen categorizar.

lamina auga baiona - bng

Con este e outros lemas acudiu o BNG á manifestación do pasado 3 de agosto convocada por todos os grupos políticos agás o Partido Socialista, na cal se concentraron máis de 1500 veciños e veciñas, preocupados e indignados pola decisión de Portos de Galicia de privatizar a lámina de auga comprendida entre a Doca e o Club de Iates.

Xa no ano 2000 o BNG propuxo a creación dunha comisión para o estudo e xestión do Plan de Portos de Baiona. A medida entendiámola necesaria para acabar coa anarquía existente no porto de Baiona, relativa aos fondeos das embarcacións tanto de mariñeiros coma de recreo.

Read More

Comentarios (0) Ago 31 2007

O BNG se posiciona ante o Parque Eólico

Posted: under Novas BNG.

Dende o BNG estamos traballando a contrarreloxo no tema do parque eólico Albariño I. A verdade é que nos atopamos co problema, trala súa publicación no DOGA o pasado 1 de Agosto, de poder acadar neste mes toda a información pertinente sobre o proxecto. Deste xeito poder definir unha postura non foi tarefa doada.

Este pasado Luns decidiuse nunha asemblea do BNG de Baiona non apoiar este proxecto, presentar alegacións ao mesmo, e incluso fomentar a creación dunha plataforma en defensa da Groba en conxunto con outros colectivos. Na vindeira semana faremos públicas as nosas alegacións e pasos a seguir.

Podedes solicitar o arquivo para insertar a zona e os aeroxeneradores no voso Google Earth á nosa dirección de correo electrónico: balcaxia@gmail.com.

Comentarios (0) Ago 30 2007

Xa está na rúa o Bloque de Agosto

Posted: under Voceiros.

Bloque 02

Cáseque non nos dan as datas, pero xa comezamos a distribuir o Bloque número 2. Se non vos chega nesta semana, podedes pedir un exemplar no noso enderezo electrónico ou na sede en Santa Liberata.

Adxuntamos o exemplar en pdf nesta mesma anotación, para o que o queira conservar: Bloque 02 – Agosto 2007

Comentarios (1) Ago 28 2007

O BNG ante as Áreas Metropolitanas

Posted: under Novas BNG.

O BNG considera unha prioridade política a aprobación na actual lexislatura de instrumentos normativos que debuxen un novo deseño institucional e territorial de Galiza. As áreas metropolitanas e as comarcas son o modelo acaído á realidade socioeconómica e política do país e deben servir sirvan para superar o actual modelo territorial e, en particular, as deputacións. Así mesmo, deben contribuír a mellorar a eficacia na prestación de servizos públicos de ámbito supralocal e que, polo tanto, supoñan un avance no benestar social dos cidadáns galegos.

Read More

Comentarios (1) Ago 21 2007

Parque eólico na Groba

Posted: under Novas BNG.

O pasado primeiro de Agosto, a Consellería de Innovación e Industria publicou no DOGA o acordo de 31 de Maio para someter a información pública a autorización e urxente ocupación de terreos na Groba, para a instalación dun parque eólico, denominado Albariño I.

O mencionado Parque ocupa terreos dos concellos de Baiona, Gondomar, Tomiño e Oia, polo que membros do BNG coordinarán diversas reunións cós representantes e afectados destes concellos, có fin de coñecer polo miúdo as características concretas do proxecto e a súa afección ao entorno.

Comentarios (3) Ago 08 2007

O BNG de Baiona constitúe o seu Consello Local

Posted: under Novas BNG.

Logo dos comicios do pasado Maio e tra-lo análise dos resultados obtidos, a Asemblea Local decidiu que un dos factores claves para unha mellor defensa das nosas iniciativas sería a constitución dun Consello Local máis amplo e que descargara de responsabilidades aos noso concelleiros.

Read More

Comentarios (0) Ago 08 2007

Posta en valor de Outeiro dos Lameiros

Posted: under Novas BNG.

 

Dende o momento no que a Comunidade de Montes en Man Común de Santa Cristina da Ramallosa tivo coñecemento da existencia de petroglifos no monte veciñal e da importancia do conxunto, procurou sempre a súa protección.

Primeiro procedeu, na década dos noventa, a cercar a zona e a mantela con vexetación controlada, eliminando o eucalipto e sinalando o conxunto de inscricións. Foi aquela unha intervención moi rudimentaria, un valado perimetral e paneis informativos, mais que pretendía poñer en evidencia o interese da Comunidade de Montes en protexer un patrimonio de grande valor cultural.

Read More

Comentarios (0) Ago 08 2007

O BNG cós mariñeiros e mariscadoras de Baiona

Posted: under Convocatorias.

Non podemos deixar de protexer unha lámina de auga empregada para marisqueo por parte de mariñeiros e mariscadoras de Baiona. Por iso, e fuxindo de valoracións partidistas ou sectarias, non podemos máis que unirnos á manifestación conxunta que se ven de convocar para o vindeiro Venres, a partires das oito do serán, saindo desde a praza do Concello. Novamente o BNG estará cós veciños e veciñas de Baiona.

TEXTO DA CONVOCATORIA (correxido gramaticalmente)

Read More

Comentarios (1) Ago 01 2007