Parque eólico na Groba

O pasado primeiro de Agosto, a Consellería de Innovación e Industria publicou no DOGA o acordo de 31 de Maio para someter a información pública a autorización e urxente ocupación de terreos na Groba, para a instalación dun parque eólico, denominado Albariño I.
O mencionado Parque ocupa terreos dos concellos de Baiona, Gondomar, Tomiño e Oia, polo que membros do BNG coordinarán diversas reunións cós representantes e afectados destes concellos, có fin de coñecer polo miúdo as características concretas do proxecto e a súa afección ao entorno.
chuzame -
Afonso dixo,
agosto 10, 2007 @ 12:37
E a futura ampliación da Rede Natura na Grova????? Primeiro constrúese e logo declárase zona protexida????
Baiona Consciente » Eurovento, ¿a Ronáutica dos montes? dixo,
agosto 15, 2007 @ 13:05
[...] Por de pronto, non hai posicionamento por parte dos partidos políticos, aínda que o BNG de Baiona xa colgou unha escueta anotación na súa web onde nin tan siquera se posiciona. Se lles plantexa unha difícil decisión, tan complexa como a do PSOE có concurso de Portos. Que se se manteñan como defensores dos intereses de Baiona e non como calidiños está nas súas mans. posted by baionaconsciente at 12:26 [...]
Roberto dixo,
agosto 30, 2007 @ 0:58
Dende o BNG estamos traballando a contrarreloxio no tema do parque eólico Albariño I. A verdade é que nos atopamos co problema, trala súa publicación no Doga o pasado 1 de Agosto é neste més poder acadar toda a información pertinente sobre o proxecto, para deste xeito poder definir unha postura non foi tarefa doada. Este pasado Luns decidiuse nunha asamblea do BNG de Baiona non apoiar este proxecto, presentar alegacións o mesmo, e incluso fomentar a creación dunha plataforma en defensa da Groba en conxunto con outros colectivos. Na vindeira semana faremos públicas as nosas alegacións e pasos a seguir.