O BNG de Baiona constitúe o seu Consello Local

Logo dos comicios do pasado Maio e tra-lo análise dos resultados obtidos, a Asemblea Local decidiu que un dos factores claves para unha mellor defensa das nosas iniciativas sería a constitución dun Consello Local máis amplo e que descargara de responsabilidades aos noso concelleiros.
Xa que logo, a Asemblea Local decidiu nombrar aos seguintes militantes como membros do Consello Local:
- Roberto Valverde Sabín: Responsábel Local.
- Sergio G. Alonso Alli: Vice-responsábel Local.
- Marta Blach Silva: Responsábel de Finanzas.
- Xosé Manoel Marcote Gil: Responsábel de Publicacións.
- Xosé E. Fernández Fernández: Portavoz Municipal.
- Ana Rodríguez Fernández: Vice-portavoz Municipal.
- Xosé Blach Leyenda: Vocal.
- Andrés Otero Martínez: Vocal.
- Santiago Vilar Iglesias: Vocal.
Contamos cunha perfecta mistura de militantes con experiencia e recentes incorporacións á militancia, dispostos a traballar por Baiona desde a perspectiva nacionalista.
Ábrese unha nova etapa no nacionalismo en Baiona, coidamos que non imos defraudarvos. Aquí está o BNG!
chuzame -