RESTITUCIÓN DAS PRAZAS DE APARCAMENTO ELIMINADAS DO ENTORNO DOS TENDAIS

Posted: under Mocións e alegacións.

Exposición de Motivos.

O BNG apoiou no seu día a proposta do equipo de goberno para a construción dun aparcadoiro soterrado no Aral, entendendo que era una moi boa fórmula para conseguir un número importante de prazas de aparcamento no Centro de Baiona, 500 apróx., é tendo en conta tamén que o uso da superficie quedara como uso deportivo, contando deste xeito con un campo de fútbol de céspede artificial e acondicionando toda a súa superficie.

Read More

Comentarios (1) Xul 27 2007

O BNG denuncia uns vertidos no monte veciñal de Baiña diante do Punto Limpo

Posted: under Novas BNG.

Están aparecendo unha serie de vertidos incontrolados con restos de cascallos de obra, neumáticos, louza de cuartos de baño, mobles e madeira diante das instalacións do Punto Limpo en Baiña.

 

O BNG denuncia que diante das instalacións do Punto Limpo de Baiona estanse producindo unha serie de vertidos incontrolados con restos de obra, neumáticos usados, tubos plásticos, diversa louza de cuartos de baño, portas de madeira, cadeiras plásticas e de madeira….

Read More

Comentarios (0) Xul 27 2007

Nin o Concello, nin Costas son quen de retirar un contenedor en Baredo

Posted: under Novas BNG.

A costa de Baredo ten dende Marzo un novo inquilino sen importarlle a ninguen.

Dende o BNG queremos facer pública a nosa denuncia sobre a falta de xestión dos nosos gobernantes municipais, xa que non son capaces de xestionar a retirada dun contenedor – deposito que apareceu na Costa de Baredo dende fai máis de 6 meses.

Nen Demarcación de Costas, nen o Goberno Municipal foron quen de retirar este contenedor de Baredo, a pesares de que o acceso o mesmo non resulta para nada complexo.

En Baredo, entre o Porto e A Xangada apereceu polo mes de Febreiro un Contenedor cheo de oxido, sen que ninguen se teña inmutado, quen sabe poderiamos convertelo nunha escultura homenaxe a todos os contenedores que na súa travesía caen o Mar.

Comentarios (1) Xul 27 2007

Comisión de Seguemento das Riadas en Sabarís

Posted: under Convocatorias.

Mañá Venres, a partires das 8 da tarde, no Colexio de Sabarís, quedou convocada unha nova asemblea para o seguimento das actuacións relacionadas có río Groba. Acudide, cómpre que a vosa voz se escoite.

Comentarios (0) Xul 26 2007

O bloge do BNG de Baiona sae á luz

Posted: under Novas BNG.

Ningún día podía ser mellor que o Día da Patria para inaugurar o funcionamento do noso bloge. Desde hoxe mesmo imos deixar na rede todas aquelas mocións, actuacións e inquedanzas do BNG no noso Concello, sempre desde a óptica nacionalista que nos caracteriza. Participade activamente no bloge deixando os vosos comentarios, sempre desde a base do respeto e a moderación, así como difundindo a nosa existencia.

Comentarios (0) Xul 25 2007