RESTITUCIÓN DAS PRAZAS DE APARCAMENTO ELIMINADAS DO ENTORNO DOS TENDAIS

Exposición de Motivos.

O BNG apoiou no seu día a proposta do equipo de goberno para a construción dun aparcadoiro soterrado no Aral, entendendo que era una moi boa fórmula para conseguir un número importante de prazas de aparcamento no Centro de Baiona, 500 apróx., é tendo en conta tamén que o uso da superficie quedara como uso deportivo, contando deste xeito con un campo de fútbol de céspede artificial e acondicionando toda a súa superficie.

Deste xeito este verán os rapaces e rapazas de Baiona poderán seguir empregando estas instalacións tamén nos meses do Verán, xa que non terán que dedicalas a outros usos coma era costume nos últimos anos, empregándose como aparcadoiro todo o recinto, debido a escaseza de aparcamentos na época estival.

Co que non está de acordo o Bloque Nacionalista Galego, é nos cambios producidos no entorno dos Tendais en referencia a eliminación de máis dun centos de prazas de aparcamento, así como tampouco coa habilitación de dobres sentidos de circulación nalgúnhas rúas. O BNG entende que este feito causa un grave persuizo a todos os veciños e veciñas que a diario teñen que acudir no seu propio vehículo o Centro de Saude ou o Super Mercado Eroski, dous focos importantes que atraen a multitude de veciños e veciñas durante todo o ano.

Esta visión, sobor da problemática causada a raíz da eliminación de prazas de aparcamento en superficie do entorno do Tendais, é compartida por unha gran parte dos veciños e veciñas deste Concello, xa que nas últimas semanas, un número importante de eles nos estiveron insistindo na súa preocupación por este feito.

Con este tipo de actuacións o equipo de Goberno, deixa en evidencia que lle importa máis o interés particular dunha empresa, que os intereses xerais dos veciños e veciñas de Baiona.

 

É por isto polo que o BNG presenta esta moción, para a resolución do seguinte acordo, con caracter de urxencia.

- A restitución inmediata das prazas de aparcamento eliminadas no entorno dos Tendais, así como tamén a restitucións das dirección únicas que existían con anterioridade no mesmo entorno.

Chuzame! chúzame -

1 Comment »

  1. Afonso dixo,

    agosto 3, 2007 @ 19:03

    Unha necesidade que eu observo nos aparcamentos de Baiona é a ausencia de prazas para os veciños e veciñas do casco vello. Dado que a zona é peonil entendo que hai que garantir prazas exclusivas para a veciñanza, como exemplo poño a peonalización do Vigo vello durante o governo de Lois Castrillo que garantía zonas de aparcamento para os residentes do mesmo.
    Igualmente preocupame o feito dos novos bolardos móbiles, haberá tarxetas para todos e todas as residentes da zona vella ou somentes para os poucos que teñen garaxe e locais comerciais????
    Apertas e grazas

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Deixanos o teu comentario