O BNG denuncia uns vertidos no monte veciñal de Baiña diante do Punto Limpo

Están aparecendo unha serie de vertidos incontrolados con restos de cascallos de obra, neumáticos, louza de cuartos de baño, mobles e madeira diante das instalacións do Punto Limpo en Baiña.

 

O BNG denuncia que diante das instalacións do Punto Limpo de Baiona estanse producindo unha serie de vertidos incontrolados con restos de obra, neumáticos usados, tubos plásticos, diversa louza de cuartos de baño, portas de madeira, cadeiras plásticas e de madeira....

O propietario do terreo onde se están realizando estes vertidos e a Comunidade de Montes de Baiña, e de cando en vez aparece una excavadora para alisar os vertidos existentes, deste xeito cada día que pasa podémonos encontrar con máis lixo tirado.

O máis curioso e que é o mesmo persoal que está a cargo do Punto Limpo de Baiña que comenta que si o que traemos son restos de obra debemos tiralos neste lugar, xa que queren facer nesta zoa un recheo.

E por isto polo que o BNG que facer pública esta denuncia entendendo que se está acometendo un atentado contra o Medio Ambiente vertendo este tipo de residuos no Monte.

Chuzame! chuzame -

Deixanos o teu comentario