Boletin BNG Outubro 2011
Podes descargar o noso último boletin dende o seguinte enlace:
Bloque 06 – Boletin BNG Baiona Outubro 2011
Podes descargar o noso último boletin dende o seguinte enlace:
Bloque 06 – Boletin BNG Baiona Outubro 2011
O pasado dia 3 de maio , en vísperas electorais, o alcalde asinou un decreto para a convocatoria dun concurso para a prestación do servizo de asistencia xuridica e xudicial por dous anos.
¿Por qué oito días antes dunhas eleccións o alcalde ten interese en sacar este concurso?
¿non seria mais axeitado esperar a o novo goberno que adquirira este compromiso?
¿Tiña o alcalde algún interés en alguen para este posto?
O dia 27 – 5 – 2011 a mesa de contratación `procede a apertura da documentación.
O dia 31 – 05 – 2011 volve a reunirse a mesa de contratación para a apertura das ofertas.
Aproximadamente una semana mais tarde deberán convocarnos os integrantes da mesa para resolver e adxudicar (ese sería o proceso normal). Pero a dia de hoxe non fomos convocados.
O pasado 17 – 6 -2011 o alcalde solicita un informe a secretaria sobor do concurso, ¿porqué?
O 28 – 6 – 2011 A secretaria emite o informe donde dí que as bases do concurso son ilegais (unas bases que están asinadas por ela mesma ¿? ).
O 04 – 7 – 2011 o alcalde emite una resolución renunciando o concurso proposto.
As conclusions que sacamos dende o BNG desta OSCURA HISTORIA e que a falla de transparencia do goberno do sr.Almuiña queda outra vez demostrada. Traballa para os seus intereses e os do seu partido, a conta dos intereses colectivos.
Si non son capaz de meter os meus con un concurso, o anulo e xa buscarei a formula para facelo doutro xeito. Ésta e a bandeira do alcalde de Baiona.
Seguramente ten base legal para facelo pero nós o BNG queremos decirle que esto É XOGAR SUCIO, que non e ético, que non somos todos iguais, que seguiremos fiscalizando a súa acción de goberno. Gústelle ou non, con Plenos mensuais ou bimensuais seguiremos traballando polos vecinos de Baiona.
Certamente, esta nova lexislatura, comezou con moito movemento. O BNG sigue facendo un traballo moi intenso e como reflexo do mesmo indicamos os seguintes enlaces coa repercusión de parte do noso traballo nos medios na última quincena de Xuño.
Proposta do BNG para a celebración de Plenos mensuais e non bimensuais como aprobou o Sr. Almuiña.
Denuncia do estado da praia Ladeira:
Solicitude pleno Extraordinario por parte do BNG-PSOE-UPyD:
O BNG advirte de que auga de Nigrán no será suficiente:
Seguiremos traballando, a pesares de non ter plenos mensuais, non nos calarán.
De todos xeitos quero deixar algo extremadamente claro. O BNG non ten problema pola retribución dos seus concelleiros, de feito pedirá no próximo pleno ordinario que teña a ben convocar o Sr. Alcalde que as percepcións por asistencias a plenos e comisións se reduzan un 50% sempre e cando se retomen os plenos mensuais. De este xeito demostraremos cal é a verdadeira intención do Sr. aalcade e cal é a nosa, a do BNG.
A cidadanía Baionesa, quiso que estivésemos na oposición e é este lugar o que queremos ocupar, e para poder levar acabo a nosa labor de control da acción do goberno e fiscalización precisamos poder dispoñer de plenos ordinarios todos os meses, para poder presentar mocións, facer rogos e preguntas.
Sr. Alcalde, pasámoslle a pelota.
Convoque plenos ordinarios mensuais e reduza a asignación da corporación nun 50%, o BNG apoiará esta medida sen fisuras.
O BNG de Baiona preocúpalle a situación do Encoro de Baiña para poder suministrar auga a toda a veciñanza. Por isto, nos dóus últimos plenos ten feito preguntas o Sr. Alcalde. Obtendo como resposta no 1º pleno, que non tiñabamos nada de que preocuparnos, xa que uns expertos meteorólogos estadounidenses pronosticaban que teríamos uns meses de Maio e Xuño moi abundantes en precipitacións.
O BNG a través do deputado Herique Vieitez e o grupo parlamentario presentaron as seguintes inicativas no parlamento:
PROC_Garantía de subministro de auga en Baiona 65567-asinado